Practicando este bonito deporte ou aficion que é o das duas rodas
neste domingo pasado, po-las terras que viron crecer a meus pais
e que a min me enchen de recordos da nenez, co meu vello e gran amigo e a sua recien estrenada montura, aconteceu o que de seguido narro.
Como decia, iamos na practica do BTT por as terras de Curros Enriquez,
admirando e sofrindo os vellos camiños que nesta galiza se agochan,
cheos de lenda e cañotas vellas coma que, cando xa o final da nosa
cabalgadura, esgotados de tanto pedal e tanto admirar os camiños
que deron lenda a santacompaña e outras historias,
nos encontramos en plena vaixada e disfrute da pedalada cunha vella, si unha vella no medio do monte, agarrada, cunha man as pedras dun muro cheo de musgo que, apenas se soten e ca outra o baston.
Ante tal visión, trabo nos freos e aviso o meu compañeiro de correrias
polo monte, do evento que está acontecer diante de min.
-bos dias señora
-ai, suspira a vella do susto
dos dias
-e logo que anda a facer por estos lares boa señora
-eu viñen ver como me estan os muros destes montes
que me dixeron que cairan e os da andaina os limparan despois
-pero non está un pouco lexos do pobo? (mais ou menos estabamos a 1 km do pobo)
-si pero queria ver como estaba porque eu vivo sola
e o millor esta é a derradeira vez que poida subir aca enriba
-bueno, bueno, seguro que pro ano anda vostede por aqui paseoando outra vez
-ai filliño, eu aqui xa non volvo
que xa che son 88 anos os que teño
-e vos de donde sodes?
-non somos de por aquí, ainda que meu compadre ten familia por eiquí,
engade o meu compañeiro
-e logo de quen ves sendo ti?
xa reposta do xusto inicial de toparse con duas bicicletas a toda hostia polo camiño embaixo
-eu son fillo da xxxxx do pobo de yyyyy (o pobo do lado)
-ai pois non me dou de conta
-e que marchamos para ourense dende que eu nacin
-eu tamen marchei dende que casei, estiven en zamora, despois en leon, porque meu marido era guardiacivil
e cando tiven o meu fillo marchamos para Madrid, e despois estivemos en Barcelona, onde se criou e o final el quedou ala, e nos viñemonos para aqui, pero agora, que meu home morreu estou soa
-pero no pobo habera mais persoas?
que eu teño uns primos aqui, son o xxxx e a yyyyy
-si, si que viven o meu lado, sonche moi boa xente
-quere que a axudemos a baixar ate o pobo
-non o¡, pero se queredes tomar un café ou algo, invitovos a miña casa
-non, graciñas que xa nos é un puco tarde e temos que marchar para as nosas casas
-bueno pois cando volvades por eiquí, ei esta a miña casa, é a primera que vos atopades, segun chegades o pobo.
Emprendemos ruta, monte abaixo, ate chegar ao coche que nos á de traer de volta a nosa casa, non antes sen comentar entre nos, o bonitos e fermosos que son estos paraxes, e as suas xentes.
ISTO E GALIZA
I EU SINTOME ORGULLOSO DE PERTENCER A ELA
Pobre muller!!!! dixo que era a última vez que paseaba por alí porque aínda tiña enriba o susto que lle metestes!!!!. Seguro que pensou morrer naquel mesmo momento!.
ResponderEliminarPero qué valentía a da muller, mira que si cae...
Fermosas fotos, Dilueiras... non serán para o concurso?? jajajajaja